BLOG DE MÚSICA DE 2º ESO MARTÍNEZ OTERO

Benvidos ao blog musical de 2º ESO.

lunes, 16 de junio de 2014

BEATLES E OUTROS GRUPOS BRITÁNICOS

OS BEATLES

* Nacen nun pub de Liverpool que se chamaba "the Cavern". Era un grupo, orixinalmente chamado "The Quarrymen", logo "the Silver Beatles", formado por John Lennon (Guitarra, compositor), Paul McCartney( Baixo, compositor), George Harrison (Guitarra, arreglista, compositor) e Richard Starkey, máis coñecido como Ringo Starr (Batería, compositor).  Algúns consideran un 5º beatle: Brian Epstein, mánager.
* As primeiras noticias sobre eles podíanse ler nas páxinas de sucesos dos xornais debido ós disturbios que provocaban as súas actuacións.
* Da súa canción "She loves you", nace o término "Ye-Ye" que englobaba a tódolos xóvenes que disfrutaban con este tipos de música e que ofrecía unha imaxe de melenas longas, roupas informais...

* Conseguiron colocar cinco das súas cancións nos cinco primeiros lugares de Hit Parade dos EEUU.
* A súa canción "Yesterday" foi versioneada oficialmente máisde 2000 veces.
* Desde o ano 62 ata o 70 (ano da súa separación) cada un dos seus discos foi un acontecemento mundial. En España editáronse quince  Lps, sen conta-las numerosas recopilacións posteriores.
* Os Beatles souberon evolucionar adaptándose ós tempos, entre as súas composicións podemos encontrar psicodelia, rock sinfónico, fusión, letras sociais...



7.2.4..- OUTROS GRUPOS BRITÁNICOS

* The Animals: Casa del sol naciente.


* The Rolling Stones.- Mick Jagger, Brian Jonhs, Keith Richard, Bill Wyman, Charlie Watts, representan a cara máis agresiva do rock británico da época.


* Iron Butterfly.- Unha primeira incursión no rock duro. In a gadda-da-vida



* A partir destes  grupos, (Beatles e Rollings, fundamentalmente) nacen un montón de  grupos que fan o mesmo estilo de música, desde os Moody Blues (que popularizarían o rock sinfónico) ata os Bravos en España (Black is Black). 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.