OS BEATLES
* Nacen nun pub
de Liverpool que se chamaba "the Cavern". Era un grupo, orixinalmente
chamado "The Quarrymen", logo "the Silver Beatles", formado
por John Lennon (Guitarra, compositor), Paul McCartney( Baixo, compositor),
George Harrison (Guitarra, arreglista, compositor) e Richard Starkey, máis coñecido como
Ringo Starr (Batería, compositor). Algúns consideran un 5º beatle: Brian
Epstein, mánager.
* As primeiras
noticias sobre eles podíanse ler nas páxinas de sucesos dos xornais debido ós
disturbios que provocaban as súas actuacións.
* Da súa
canción "She loves you", nace o término "Ye-Ye" que
englobaba a tódolos xóvenes que disfrutaban con este tipos de música e que
ofrecía unha imaxe de melenas longas, roupas informais...
* Conseguiron
colocar cinco das súas cancións nos cinco primeiros lugares de Hit Parade dos
EEUU.
* A súa canción
"Yesterday" foi versioneada oficialmente máisde 2000 veces.
* Desde o ano
62 ata o 70 (ano da súa separación) cada un dos seus discos foi un
acontecemento mundial. En España editáronse quince Lps, sen conta-las numerosas recopilacións
posteriores.
* Os Beatles
souberon evolucionar adaptándose ós tempos, entre as súas composicións podemos
encontrar psicodelia, rock sinfónico, fusión, letras sociais...
7.2.4..- OUTROS GRUPOS
BRITÁNICOS
* The Animals:
Casa del sol naciente.
* The Rolling Stones.- Mick Jagger, Brian
Jonhs, Keith Richard, Bill Wyman, Charlie Watts, representan a cara máis
agresiva do rock británico da época.
* Iron Butterfly.- Unha primeira incursión no rock duro. In a gadda-da-vida
* A partir
destes grupos, (Beatles e Rollings, fundamentalmente) nacen un montón de grupos que fan o mesmo estilo de música,
desde os Moody Blues (que popularizarían o rock sinfónico) ata os Bravos en
España (Black is Black).